Regulamento básico do floorball

• QUE É O FLOORBALL?


 O floorball é un deporte por equipos e sen contacto que se practica nun recinto (pista cuberta), o obxetivo do floorball é meter unha pelota con buratos na portería do equipo rival usando uns sticks (coma en hockey), a similitude que ten con hockey débese a que foi adaptado de este mesmo sobre mediados do século pasado orixinandose en estados unidos.

QUE SE NECESITA PARA XOGAR? 

-A Pista:

Imaxe 1.

Para xogar ao floorball necesitarase antes que nada ter un lugar onde xogar, as pistas de floorball teñen 40 m de largo por 20m de ancho (como se pode ver na imaxe 1.) cunha "barreira" de medio metro que cercará a pista para que a pelota non se perda mentres se xoga. 

-O Material:

Imaxe 2.

Como se pode ver na imaxe 2. é necesario para xogar ao floorball un stick e unha bola especial con buratos e feita de plástico, o stick debe ter un peso máximo de 380 gr. e debe estar feita de plástico e a bola debe ter un diametro de 72 mm e un peso de 23 gr., necesitarase (adicionalmente e necesario en competicións oficiais) o equipamento de porteiro (e decir o traxe protector), tamén necesitaránse dúas porterías de 160x115x40/65cm

-As Persoas:

É necesario facer equipos que conten como máximo de 5 xogadores de campo e un porteiro.

COMO XOGAR AO FLOORBALL:

Para xogar ao floorball é necesario saber tanto as normas de xogo coma o tempo de xogo.

Para empezar os partidos profesionais de floorball duran 3 tempos de 20 minutos cada tempo con 2 períodos de descansos de 10 minutos, neses períodos de descanso cambiaráse o campo de xogo de cada equipo, se o partido finalizase en empate darase un gol de ouro (é dicir o que meta gaña) dunha duración máxima de 10 minutos tras o cal decirirase o partido en penaltis onde se lanzará a bola ate acadar un resultado definitivo

Según as normas de floorball actuais está terminantemente prohibido y será castigado con golpe franco:

1. Elevar o stick por enriba da túa cabeza

2. Que un xogador de campo (un atacante) toque a área de portería

3. Parar unha bola con pés, mans ou ca cabeza

4. Facer un pase co pé

5. Xogar a bola dende o chan

6. Contactar co stick do oponente de maneira que este quede inmobilizado

7. Contactar co rival de maneira brusca ou oponer o seu movemento con teu corpo

Será castigado con penalti:

1. Que un xogador de campo (neste caso un defensa) entre na área do seu portero con motivo de defender ou fortuitamente

2. Atacar ao rival de maneira violenta ou perigosa

3. Golpear a un xogador

4. Trabar ou zancadillear ao oponente con teu stick

Será castigado con expulsión definitiva:

1. Cometer unha segunda falta sancionada con 5' de banquillo 

2. Romper o material (tanto stick como vestimenta)

3. Intervenir nunha pelea

4. A nivel profesional cando un xogador non inscrito participa no partido

Será castigado con expulsión de 5 minutos:

1. Golpear violentamente co stick

2. Lanzarse de forma violenta ou con stick para roubar a bola

3. Placar ao oponente contra algo

4. Lanzar o stick con motivo de golpear a bola

5. Cando un xogador reiteradamente provoca faltas de 2'

Será castigado con expulsión de 2 minutos:

1. Dar unha patada ao stick do oponente

2. Xogar a bola por enriba do xeonllo

3. Agarrar ou obstruír ao rival

4. Obstruír activamente o saque do porteiro no equipo rival

5. Cando un xogador viola a ley dos 3 metros en tiro franco ou saque de banda

6. Xogar a bola coas mans, pes, cabeza ou dende o chan

7. Reincidencia en faltas que derivan en golpe franco

8. Cando un xogador ou equipo perde tempo a propósito

9. Cando se abandona a zona de penalización previo a la finalización de dicha pena

10. Cando un xogador de campo xoga a bola sen o stick na súa posesión

¿Que sí esta permitido?:

1. Golpear a bola ou dirixila co stick

2. Xogar coas paredes (o borde do campo)

3. Parar a bola co stick ou co pecho

4. Despojar limpiamente a un adversario da bola

O GOLPE FRANCO:

Cando un xogador comete unha infracción sobre o oponente este terá que sacar a bola dende o punto onde se lle fixo a falta (nunca poderá ser por detrás da portería propia ou dentro dun rango de 3,5 metros con respecto á portería)