Badminton

  • QUE É O BADMINTON:
O badminton é un deporte de raqueta no cal golpease un obxecto pequeno chamado volante para que caiga no campo rival, sábese que o badminton é orixinario de Asia, en concreto da rexión de Poona na India o cal lle deu o seu nome orixinal, máis tarde cámbiase a badminton debido a que o duque de Baufort (gran aficionado ao aún entonces chamado poona) organizaba xornadas nas que se xogaba a este deporte, tanto foi así que o nome do lugar onde se facían ditas xornadas, a "Badminton House" arraigouse na lenguaxe colectiva substituíndo o antigo nome orixinal así creando o nome actual de "badminton"


  • REGULAMENTO DO BÁDMINTON:
O bádminton ten unha serie de normas que permiten que o xogo sexa xusto e competitivo ademáis de que todos os xogadores teñan as mesmas posibilidades de gañar:

1.) O campo: estará delimitado por unhas liñas debuxadas no chan de maneira que formen un rectángulo no que se xogará, dito rectángulo deberá ser partido á metade por unha rede que servirá como separador entre as metades as cales ocuparán os xogadores, cada metade da pista terá unha "líña de saque corto" (a cal sinala a área onde o volante non debe caer nun saque curto) e unha "liña de saque largo" que variará de tamaño dependendo de se xoga individuais ou en parexas, o espazo entre ambas liñas mencionadas estara dividida en dúas partes que servirán como áreas de saque.
Imaxe A.



2.) O material: 
 
 -O volante: é o móbil empregado para xogar ao badminton, de forma cónica e formada por plumas a nivel profesional, tal e como se observa na imaxe B.

Imaxe B.


  -A raqueta: úsase para golpear o volante, ten pouco peso comparada coas raquetas de tenis e é mais alongadas tamén coma se ve na imaxe C.

Imaxe C.


  • TÉCNICA DE GOLPEO:
A técnica de golpeo adecuada parte do máis básico que é saber como agarrar o volante, cunha man agárrase a raqueta de maneira que o mango desta apunte cara atrás nosa, unha vez sabemos iso hai que continuar coas técnicas básicas máis comunes, podemos dividilas en:

1.) Técnicas de saque: o saque é a posta en xogo do volante, debe ser por debaixo da cintura, deben facerse ou un saque curto ou un saque largo de maneira que pase detrás da liña de saque curto ou diante da liña de saque largo respectivamente como se pode ver na imaxe D.

Imaxe D.



2.) Técnica de golpeo co volante en xogo: existen diferentes golpe e formas de golpear o volante unha vez está en xogo, poden ser:
 
 -Lob: golpe de carácter defensivo básico no que a raqueta golpea dende abaixo o volante, o cal irá ascendendo ate chegar ao fondo do campo dende onde caerá en picado como na imaxe E. e útil para poder reposicionarse no teu campo, pode darse de dereito ou de revés.

Imaxe E.



 -Clear: golpe de carácter defensivo por excelencia no que a raqueta golpea o volante por enriba da cadera o cal irá ascendendo ate chegar ó fondo do campo, lugar en que caerá en picado como se ve na imaxe F, e o golpe máis intuitivo de realizar o que fai que sexa o máis usado en situacións de defensa, pode darse de dereito ou de revés.

Imaxe F.



 -Smash: golpe de carácter ofensivo por excelencia no cal o golpeo será fuerte e cara abaixo de maneira que chegue a tocar o chan moi rápidamente tal e como se aprecia na imaxe G.

Imaxe G.



 -Drive: golpeo de carácter ofensivo básico que consiste en facer que o volante teña unha traxectoria o máis horizontal posible pasando o máis cerca posible de rede como se mostra na imaxe H, o volante golpéase por enriba da cadeira, é o golpeo máis utillizado nun partido de bádminton.

Imaxe H.



 -Drop o deixada: golpeo de carácter ofensivo que consiste en golpear o volante por enriba da cadeira de modo que colla unha traxectoria descendente e que toque o chan entre a liña de saque curto e a rede tal e como se mostra na imaxe I.

Imaxe I.



 -Net drop ou deixada baixa: golpeo de carácter ofensivo que consiste en golpear o volante cerca de rede para que ascenda e descenda inmediatamente tocando o chan o máis proximo á rede posible según se pode observar na imaxe K.

Imaxe K.



  • POSICIÓN DOS XOGADORES E TÁCTICAS:
1.) Individual: o badminton individual xogase con dúas persoas, as cales deberán desposicionar ao rival a base de diferentes tipos de golpeo para que a posibilidade de realizar un tanto sexa maior tal e como se ve no video abaixo, no saque os xogadores deberán sacar en diagonal dende a dereita cando o número de puntos do lanzador sexa par e dende a esquerda cando sexa impar.




2.) Dobles ou por parexas: en dobles xógase con catro persoas, poden ser do mesmo sexo ou mixtas, ás tacticas son un pelín diferentes xa que hay mais xente e maior espazo, cando se ataque os xogadores posicionaránse un diante doutro, de modo que a posibilidade de facer un smash a maior, sen perder a defensa completamente, e cando se defenda se posicionarán un ao lado do outro para que o área de defensa sexa maior como se pode apreciar no vídeo de abaixo, os saquen se realizarán da misma maneira co añadido de que se cambiará quen saca da parexa cando o rival consegue un tanto.